Sunday 05 de May de 2024

A Xunta retoma de xeito inmediato o traslado á nova sede xudicial da fabrica de tabacos


Esta mesma maña, o concello da Coruña decidiu outorgar a licenza de actividade

A Xunta de Galicia comezará de maneira inmediata co traslado á nova sede xudicial de tabacos, unha vez que o concello da Coruña comunicase hoxe mesmo o outorgamento da licenza de actividade.

Despois de poñer múltiples administrativas, que foron atendidas de maneira inmediata polo goberno galego para non dilatar a posta en marcha da nova sede xudicial, esta mañá, o concello da Coruña comunicou que concede a licenza de legalización e primeira ocupación para o edificio rehabilitado da Antiga Real Fábrica de Tabacos para ser destinada a infraestruturas xudiciais.

Desta maneira, a Xunta poderá levar xa a cabo a mudanza da Audiencia Provincial, da Fiscalía Provincial (incluída a fiscalía de menores), o Xulgado de menores, o Xulgado de vixiancia penitenciaria, as oficinas da Secretaría Provincial de Coordinación, as oficinas da Xunta Electoral Provincial, e a Mutualidade Xeral de Funcionarios de Xustiza.